Bueno, pois moi boa tarde, eu e,e,e estou moi contento de estar, hoxe aquí con todas e con todos vós. Basicamente, xa os avisara que viña a escoitar porque sei que o elenco era grande i a calidade, ademais, das persoas que,e,e que interveñen e que están, pois estou vendo que é unha marabilla, así que estaba escoitando con moito pracer, aquí. Agora, escoitando a Elisa i a Sara, tamén, e,e,e bueno pensei, pensei nas mi/, nas miñas avoas. E,e,e por parte da miña mai, somos d'aló de,e,e, da zona de Becerreá, e,e,e miña avoa, a materna, ela morreu, a Manola, era costureira, e tiña unha Alfa, eh? Eso, de pedal, eh? que tamén tiña a miña outra avoa que aínda vive, a paterna, estes, por parte de meu pai, somos da Terra Chá, e tiña, tamén, a máquina, aínda que non, aínda que non cosía profesionalmente. Pero bueno, a outra era cociñeira, tamén, en todo caso, as historias, eu entendo que son (...) contándoas, e,e,e axúdannos tamén a,a,a contarnos a nós mesmos, a nós mesmas a saber quen somos, mellor. Eu escoitáballes agora falar da escola, i eu recollinlle á miña avoa (...) e,e,e (...)
A miña avoa é, é un manancial de historias pero si lle digo que me conte algo, non me conta nada. E,e,e cando xa a deixo tranquila, cóntame todo, o que pasa é que non apura pra a comida, entonces meu, meu abuelo protesta: "Pero déixate estar, non sexas (prosmieira) e bótalle algo máis de sal a este caldo!" Non? E dice: "Ti cala a boca. Ti cala e come, que si comeras como comes, non comías como comes."
Bueno, total que,e,e aí xa levais pra pensar pa un rato. Eu aínda non entendín a día de hoxe, así que tranquilos. Non pasa nada. E,e,e a veces, cando fala, comézame a falar algo, chámase Dedi, Dedicación, os nomes daquel tempo, e,e,e nós chamámoslle Dedi, ou Dedica, e,e,e ás veces, cóntame pero cando está polo medio contando, xa logo parece (...) eu véxolle nos ollos, claramente, que xa non está falando comigo, é como (...) é algo raro de explicar esto, e vades decir que pasou cerca da cheminea, xa lle viñeron os fumes, xa vén aquí medio desorientaó. É como se estivese a falar coa nena pequena e,e,e qu'ela foi hai moito tempo xa. E,e,e i está falando como con ela mismo como nun diálogo que non para. Eu, eu recollino nun libro que saíu agora, non sei exactamente se é un poema pero a min paréceme que é un fragmentiño que reflicte o que foi, o que foi o seu tempo, e que explica tamén, bueno, o,o,o o que tocou vivir a moita da xente que hoxe estades aquí nese tempo.
Di así: Terra Chá 1940, e son as súas palabras.
Dice: "Eu ben me acordo, a min de pequeniña gustábame ir á escola. A algún irmau meu, non, pero a min gustábame ir. I había días que non podía ir e quedaba. Chovía e ía frío pero botábante onda as vacas. I andabas i recollíamos a merda coas maus ata que facíamos un bon montonciño i así, e si facíamos un bon montonciño e xuntabamos ben del, podíase vender. E era así, aínda me acordo moitas veces, cada vez que o penso, si,i,i a min, de pequeniña, gustábame ir á escola.
Eso é o que decía miña abuela.
Autor/a da transcrición: e~xenio