Ángel Cordero: Eu son Ángel Cordero. No,o,on son galego. Disculpade o meu galego, patético, pero,o,o o que dixeras antes de,e,e que vades falar das, das lendas, Pedrón é unha lenda. É un señor que naceu, naceu, vaise ver aquí no, no tráiler, nun sitio, e por nacer nese sitio donde naceu o seu pai, naceu o seu pai alí, el aínda non naceu, houbo que esperar un pouquiño, e,e,e por eso chámanlle Pedrón, porque o seu pai naceu alí.
Pedrón do Freixo: O lughar chámase o lughar do Pedrón.
Antonio Reigosa: E do Freixo porque é da parroquia do Freixo.
Pedrón do Freixo: Hombre!
Antonio Reigosa: Bueno, pero cal é, é, é? (...) É decir, por que escollestes a este home, por que escollestes ese lugar? Que queredes contar?
Pedrón do Freixo: Pa, pa me fastidiar a min.
Pedrón do Freixo: (Incomprensíbel) A min non me meten ghato por lebre.
Antonio Reigosa: Non sei. Seguramente.
Ángel Cordero: Nós tratamos de contar a,a,a a vida e a traxectoria dunha persona que,e,e tivo que aprender a facer moitas cousas pero sobre todo, tivo que aprender a facerse a si mismo. E? É non é doado nunha terra como no Freixo era, era moi, moi difícil vivir alí. E, sobre todo, sin un apoio familiar que non tuvo e el recuperou despois, e ahora ten todo O Freixo a, aos seus pés, e familia, como quen di.
Pedrón do Freixo: O que fixen eu non o fai naide, nin o fixo, no fíxoo naide.
Alfredo Varela: Quizá, eu creo que a,a,a a mellor característica que define a Pedrón é unha, a súa vontade, e,e,e e outra, a súa simpatía. E,e,e durante este tempo, que xa é longo, e,e,e non recordo,o,o e,e,e chegar a casa de Pedrón, e que non houbera unha sonrisa de, de primeira.
Ángel Cordero: Unha risa, unha risa (incomprensíbel)
Alfredo Varela: E,e,e entonces e,e,e quizá, hoxe, pois quero darlle as gracias e,e,e a Pedrón por prestarnos a súa vida para poder amosala nun documental no que creemos, e esperamos que habemos e,e,e sabido, realmente, esplicar a vida de, de Pedrón. A súa vida é complicada, como a de moitos, tamén é complicada. Quizá, el, en este caso, é a representación, un pouco, de, da nosa Galicia. E tanto que falamos ahora da memoria histórica, non queríamos que esto que deixara (...) se deixara pasar sin que mozos, a nova xeración coñeza, realmente, como se, se vivía naqueles tempos, e como se sigue vivindo (incomprensíbel)
Antonio Reigosa: Cantos anos ten?
Alfredo Varela: Gracias. Gracias, Pedrón.
((Aplausos))
Antonio Reigosa: Apóiese, apóiese aquí.
Pedrón do Freixo: Ando en 85.
Antonio Reigosa: 85 anos.
Pedrón do Freixo: Si,i,i.
Antonio Reigosa: Estes homes din que vosté tivo unha vida,a,a dura.
Pedrón do Freixo: Ai, dura! Ai, e,e,e aquí, e mais fóra d'aquí.
Antonio Reigosa: Xa está no documental. Tampouco acorde moito, eh!
Pedrón do Freixo: No,o,o eu non é porque non comente, pero,o,o (...)
Antonio Reigosa: Pero,o,o (...)
((Risas))
Antonio Reigosa: Pasou toda a vida traballando na aldea? Viviu, naceu (...)
Pedrón do Freixo: Menos cinco anos.
Antonio Reigosa: Onde estuvo?
Pedrón do Freixo: En Francia.
Antonio Reigosa: Traballando en Francia.
Pedrón do Freixo: Si, pero (incomprensíbel)
Antonio Reigosa: E que facía alí en Francia?
Pedrón do Freixo: Ai, fixen queixos.
Antonio Reigosa: Queixos.
Pedrón do Freixo: Queixos de Ghruyer.
Antonio Reigosa: Gruyer?
Pedrón do Freixo: (Ai, eu falo o francés cando queira!)
Antonio Reigosa: Acórdase algo do francés de por alí?
Pedrón do Freixo: Bueno (incomprensíbel)
Isidro Novo: Que lle facía os furados, ou?
Pedrón do Freixo: (Incomprensíbel) Ghruyer. E pesaban a 140 quilos e,e,e. Ai, cativo si pero,o,o!
Antonio Reigosa: Collía o queixo (...)
Pedrón do Freixo: E logho!
Antonio Reigosa: O dos 140 quilos en peso? Pero teñen moito aire que teñen moitos furados.
Pedrón do Freixo: (Incomprensíbel) Despois de que iban curados.
Antonio Reigosa: Mire unha cousa, contoulle todo a estes homes?
Pedrón do Freixo: Todo. E non lles contei máis que non, xa, xa me aburría.
((Risas))
Antonio Reigosa: Pero algo, algún secreto que non lles contou?
Pedrón do Freixo: Ai, alghún quedou, si, alghún quedou!
Antonio Reigosa: E pode?
Pedrón do Freixo: No. Hoxe, non.
((Risas))
Alfredo Varela: A verdade é que paciencia tuvo. Moita.
Antonio Reigosa: Tuvo moita paciencia.
Alfredo Varela: Moita.
Pedrón do Freixo: Pacencia? Alghunha vez (tamén) levaba o bastón (incomprensíbel)
Antonio Reigosa: Pero, portábanse mal? No.
Pedrón do Freixo: No. No. No.
Antonio Reigosa: (Incomprensíbel) Non notou que, ás veces, iban pola merenda na máis?
Pedrón do Freixo: Bueno,o,o eu nunca fun paroleiro.
Antonio Reigosa: Non. Digo que, bueno, vamos gravar pero hoxe (...)
Pedrón do Freixo: Bueno (...)
Antonio Reigosa: Chove, hoxe, non sei que.
Pedrón do Freixo: No, no, eso no. No. Nunca pensei. Home, non é (...) pero logho (incomprensíbel) Non lle daba importancia.
Antonio Reigosa: Bueno.
Pedrón do Freixo: I decía eu así, bueno (...)
Antonio Reigosa: Ten familia?
Pedrón do Freixo: (Incomprensíbel) Ben chegha.
Antonio Reigosa: Ten familia alí vivindo con vostede?
Pedrón do Freixo: Comigho non teño nadie.
Antonio Reigosa: Vive só?
Pedrón do Freixo: Marchou un viciño que se chama (Ribeiro) Pero, non é, coma min non é, (é máis ghordo, ise comeu millo/ máis que a min)
Antonio Reigosa: E,e,e son os dous que quedan de,e,e?
Pedrón do Freixo: E mais outra, e mais outra alí na Regha, se chama.
Antonio Reigosa: De cantos can/ cando era vostede neno?
Pedrón do Freixo: Oh,h,h éramos moitos! Moitos, que había, había,a,a na Regha, na Regha, unha, dous, tres, catro. Había seis (incomprensíbel) E,e,e ahora, xa hoxe, hai (...) somos tres! Así que mire! No, no, a xente na, na aldea (...)
Antonio Reigosa: Cerra, cerran. Pechan a aldea.
Pedrón do Freixo: Cerra (...)
Antonio Reigosa: Bueno, pois (...)
Pedrón do Freixo: Eu, tamén, teño a maleta xa preparada.
Antonio Reigosa: Si, é mui grande, ou?
Pedrón do Freixo: No. Moi ghrande tampouco non son eu.
((Risas))
Antonio Reigosa: Bueno, esa maleta non se preocupe que xa lla farán no momento que faga falta.
Pedrón do Freixo: Bueno, eu, tamén houbo unha señora, xa hai (incomprensíbel) (xa morrreu, non era nova) e encarghou unha maleta a tempo, e díxolle a un viciño, e non calou hasta que lla fixo o viciño. E,e,e e xa, e xa se (se metera) antes de morrer. Así que.
Antonio Reigosa: (Pero) ten preparao pa tomarlle a medida.
Pedrón do Freixo: No, no. Pre/ Preparar.
Antonio Reigosa: Bueno, usté non se apure, eh!
Pedrón do Freixo: Eu non me apuro, coidado! Pero con desconfianza non (...)
Antonio Reigosa: Imos ver un cachiño pequeno dese documental. Mui pequeno (...)
Pedrón do Freixo: Perdón.
Antonio Reigosa: Moitas gracias. Espero que teña moito éxito (o) documental (...)
Pedrón do Freixo: Ala!!!
Antonio Reigosa: Pois xa! (...)
Autor/a da transcrición: e~xenio