Por terras de Camba, noite,e,e noites d'outono, noites d'esfolla do millo, e,e,e cociña de lareira, sin teito, qu'ás veces e,e,e estás ceando e cáenche unha sara/ unhas sarabias no prato, en,n,n (...) A túa avoa fiando na roca, alí, nunha esquina da cociña. O pote dos nabos cocéndose para darlle aos porco da ceba. E,e,e e se non é na cociña, e,e,e este conto téñenmo contado (en tempos do meu avó) moitas veces durante a esfolla do (millo).
E,e,e esa esfolla na que aparecían moitas espigas raíñas, espigas marquesas para animar aos, para animarnos aos rapaces a que, que,e,e esfollemos, porque aparecían espigas (incomprensíbel). Bueno, pois este (...) Os dous personaxes máis importantes de toda esa,a,a e,e,e cultura do conto,o,o noso galego, por suposto que son o señor lobo e o señor raposo. Está claro que son as estrelas. Bueno, e este vai, este conto vai, contábamo meu avó paterno, vai de un lobo novo con pouca experiencia que resulta que se vai dar unha volta, para ver se atopa, eso, un año que outro que levarse á boca e, cando vai polo camiño, atópase con un personaxe que se as trae. Atópase con un señor raposo, experimentado, e entón:
-Boas tardes señor raposo!
Dille moi respetuoso.
-Home, boas tardes! Que andas a facer?
-Pois ando mirando a ver se hai algo pra levar á boca.
-Home, ao mesmo ch'ando eu!
-Si, pero non sei qu'estou cheo de fame e non aparece nada.
E tal.
-Bueno, bueno! De que te queixas! Se souberas o que me pasa a min! Se souberas en que sitios teño qu'entrar, que case non se cabe por eles! E iso sen descontar que che poida aparecer por alí un home.
-Un home? E logo, pero logo,o,o que pasa co home? Pasa (...) Tede/ Hai tanto medo que terlle ao home, logo?
-Ai, ti non sabes como é un home?
-Eu non. Nunca vin un home diante.
Díxolle o lobo. E dixo:
-Ai, pois non te preocupes que imos dar unha volta, vou eu contigho (...) Xa che enseñarei eu un home.
Bueno. Foron andando polo camiño e, de repente, viron vir un neno, e entón díxolle o lobo, todo inocente, díxolle:
-Ese é o home, ouh?
E dixo:
-No,o,o,o. Ese [a]índa o ha de ser, ho!
Bueno, pero (vírono máis adiante). Seguiron andando e tal, e de repente, viña un velliño con un caxato, todo ((acenos)) e dixo:
-E ese, logho, non?
-No,o,o,o,n ese xa o foi! Pero non te preocupes, xa vira.
E tal. Bueno, un pouco máis adiante, alá ao lonxe, nunha volta do camiño viron vir un cazador coa súa escopeta ao lombo e tal, e vai o raposo e díxolle:
-Ese, ese que vén aí e aquel que vén alá, ise si que che é un home. Así que, como aghora xa sabes e tal, mira, vas ti solo que aghora xa vin hasta aquí contigo e eu teño moita présa, moito que (...) moito que facer.
Bueno, pois e marchou.
-Adeus, logho.
Bueno, o, o esperado ¿Non? Largoulle un par de tiros que, bueno, como,o,o se precipitou un pouco pois, solo lle saltaron uns granos de perdighonada e tal, e o outro ¡oes! escapou despa/ despavorido e correndo, correndo, cheghou a unha aldea e pasou por diante da forxa dun ferreiro, e o demo lle deu por ir polo postigho da porta, abri-lo postigho, mete-la cabeza, a ver que había alí. E o ferreiro nada máis ve-lo lobo, colleu as tenazas que tiña preparadas, ao roxo vivo, qu'estaba quentando nun ferro e tal, botoullas a, o, aos fociños, e empezou a tirar por el, bueno, o lobo a queixarse hasta que se desenganchou. Bueno! (Ira) de Deus!
E cando iba escapando de volta, atopou outra vez co raposo, e díxolle:
-Home,e,e,e tiñas ti razón!
-E logho que pasou?
-Cala, cala a boca, cala a boca! Aquel primeiro home que vimos cando ti marchaches, cando pasei cerca del, botoume dous peidos, mira ti con que forza mos botaría, que saltaron as areas todas do camiño, botei máis dunha semana rascando no cu! Pero eso non foi o peor! Cheghei depois onda outro que me botou os dous dedos, se me chegha a bota-los cinco, quedaba sin fociños!
Autor/a da transcrición: e~xenio