Que vou dicir eu? Aquí, estes ilustres todos señores que interviron antes/ Eu son un humilde labregho d'eiquí, gracias a miña profesora que me ensiñou o que pudo e non me ensiñou máis porque eu non quixen que era un, un mal estudiante. Agradézcollo ben.
Bueno a historia era que un día, pois según me contaba miña abuela/ Miña abuela naceu no 1872, máis ou menos, no sei se foi no 71 ou no 72, é igual. Entón, cóntabame, cóntabame historias que pasaran naquela época porque llas contarían a ela tamén claro, en 1808.
Entonces claro, había un capitán/ Seica os franceses estaban aí acampaos no monte ese que hai eiquí por riba de nós, cuando foi da invasión. Entonces un, un capitán español que estaba en Monforte defendendo o, o, o terreno noso, pois tirou un cañonazo ou mandouno tirar il ou como fora e por mala suerte matou un, un soldao francés. Entonces naquela ordenou o, o, o, como é? o general francés, ou o que fora, oito horas de degüello pa todo a población que había por alrededores. Baixaron os franceses, según me contaba ela, e entonces había/ daquelas eiquí a casa, claro, tiña criados pa todo. Andaba unha criada aí, onde, onda a bodega esta que hai aí do pazo, que era do pazo, coidando unhos gandos, e chegaron iles e o primeiro que fixeron, zas! xa decapitárona á, á pobre muller, metéronse na bodega, emboracháronse, abríronlle ás cubas, bueno, daquelas eran, un, un, un/ o pazo era moi potente como viñedo, como viticultura, daquelas era máis aínda que é hoxe. Eu acordo, por, por dicirche algo, desde, desde aquí, desde o cruce este que hai aquí na carretera hasta Seoane todo era viña, e por outro lado igual, entonces, claro, era un potencial mui grande, entonces chegaron aí/ bueno, abríronlle, e, e, e destruíron todo o que había.
E outros foron polo pueblo e entraron nunha casa que lle chamaban a Casa dos Perdices, non se por que lle chamaban Perdices porque mataba moi ben as perdices, ca escopeta, e chegaron alí e cuando os viron vir os homes subíronse ao faio, o sea arriba, non? porque, claro, sabían que os iban matar e obligáronlle ás mulleres a facerlle carne frita, aquelas carnes de cerdo, de touciño, non? nunha sartén/ Non sei se me explico en galego ou en castelán (...) Sigo así? Vale. I entón fixeron, fixéronlle facer a carne frita i eran dúas mulleres i eran bastante listas xa, e entonces/
((Risas))
Quero dicir que agora siguen sendo listas, eh! Quero dicir que siguen sendo listas, pero despois xa vos contarei outra cousa, xa vos contarei outra cousa despois. Bueno, nise intre, botáronlle moita grasa á sartén, daquela non era aceite, era grasa de marrau, botáronlle moita grasa, moito unto, moita tal nadándolle e botaron a carne por arriba, cuando estaba/ había nove, nove franceses arredor da lareira, (o que) é unha lareira e botoulle moita grasa e cuando estaba fervendo a grasa, cando estaba fervendo, as mulleres estaban d'acuerdo (acenos) botáronlle a grasa por arriba na cara aos franceses e entonces claro, mentres iles ((acenos)) claro, normal, unha grasa fervendo! Beixaron os d'arriba, os do faio e tras! chapotaron aos franceses e enterráronos na aira. Entende? Eso é o que me contaba miña abuela, non sei se...
Autor/a da transcrición: e~xenio