Esta é unha historia d'aquí(...)de donde nacín eu, da Correa. Na Correa, había un carreiro que chaman, chámanlle o Portacabalo, onde se pasa, iba pra os muíños. Os muíños (incomprensíbel) de Framia, Abeleira e a Correa, Alén pasaban por aquel carreiro. I aparecía un medo, asustaba a xente. Asustaba a ente de noite. Había un medo. Entós ofrecéronse(...)Daquela, parece que andaban por aí evangelizando os (freis) de Aciveiro e un frade doulle (dicir) que desconxuraba o medo. Pero claro, desconxurou o medo pero tiña que cobrar, tiña que dar unha, unha compensación. Dice:
—Non, vou cobrar pouco. Na más vou cobrar o que ocupa a pel dun boi. E un boi pouco pode ocupar, o pelico dun boi pouco pode ocupar.
(E foi) pois si, aceptaron todos aqueles viciños d'arredor e entonces foi sacarlle o piel ao boi e fixo un mallón, fixo unha tira da pel dun boi e clavou un, un chito e, e coa piel do boi co, co mallón, coa tira, marcou unha circunferencia i aquelo que, que abarcaba tiña que paghar renta. Paghar renta que'inda se paghou, inda non hai moitos anos que se paghaba a renta das correas. É as correas, a terra das correas que todos conocen as correas, veu o nombre d'aí, do, do medo Portacabalo que iban ao muíño. É todo.
Autor/a da transcrición: e~xenio