Érase unha vez un corvo i un raposo. Entonces eran compadres, e díxolle o corvo ao raposo:
—Compadre, comadre, vou ir ás vodas ao ceo. E díxolle a comadre:
—Ai, eu tamén che tiña ghanas d'ir pero como non podo voar, non podo ir.
—Non te preocupes que lévote eu.
—Bueno.
E díxolle a raposa:
—Pois xa pa o celebrarmos, mañán vés comer á miña casa.
Vai a raposa, foi lista e fixo unhas papas pero cuando invitou ao outro botouna nunha laxa, entonces o corvo mirou pa elas i ela lambeunas todas. E díxolle o corvo:
Deixa que, facer fixéchesmas pero aghora vasmas paghar.
E díxolle ela:
—Bueno, pois ahora(...)
Díxolle o corvo:
—Comadre, ahora, hoxe usté doume a min, ahora mañán vén comer onda min.
E vai e foi comer onda ela, onda, onda o corvo. E díxolle(...)Vai el e fixo a comida e dixo:
—Deixa que ti botáchesme a comida na laxa pero eu a ti(...)
Púxolla nunha redoma desas do cuello largho. E díxolle:
—Vas mirar pa ela e eu vouna comer.
Efectivamente, puxo a comida na redoma, o corvo meteu o peteiro e comeu i a rapousa mirou pa ela. Bueno, quedaron en par e díxolle a(...)o corvo:
—Bueno, a tal hora salimos.
Saliron. Marcharon voando, voando, voando e díxolle a, díxolle(...)o corvo:
—Usté non pode falar porque se fala, abre a boca e cae.
—Non se preocupe que eu non, non vou falar.
Foi andando, andando, andando e o raposo xa pensou que xa cheghaban e díxolle:
—Compadre, cuando cheghamos?
Eí vén, a tombos, pa baixo.
E dixo(...)viña decindo o raposo, a raposa:
Fuxe laxe e que te fendan,
(incomprensíbel) que te farelo
si(...)desta sale e non mor[r]o
no quiero más bodas al cielo.
Autor/a da transcrición: e~xenio