Ofelia, naceu na Correa, lugar de Xirarga o 1 de outubro de 1938. Aí se criou e aí vive. É a filla máis nova de María e Leopoldo, irmá de Eludín e Juan, de Sinforosa e de Paco. Gústalle aprender e sempre está aprendendo. Está orgullosa de se parecer ás súas avoas, fortes e valentes. Desde moi pequeniña ensinou ás súas fillas o valor de estudar para ser alguén e non depender de ninguén, o valor de saber de onde vimos, de falar a nosa fala, honrar os nosos vellos e a nosa Terra.
A súa memoria é de admirar; ela sabe as datas de nacemento de toda a xente da parroquia, e tamén doutros lugares; sabe as quendas dos muiños e das regas… Gústalle recitar poemas que aprendeu na escola, e outros que non, coma os de Curros; tamén os ditos que aprendeu de seu pai e de súa nai, que repite a cada pouco. Garda e transmite a memoria da xente e dos seus feitos. Gústalle contar historias verdadeiras e contos que fan rir.
[Texto de Marisa Guerra Cañizo, Ana Guerra Cañizo e Poldo Cañizo Durán]