Entonces, tratábase dun home que tiña un fillo e morréralle a muller, e dicíalle:
—Es un nughallao, es un nughallao! Xa te podía levar o demo! E volta outra vez. Es un nughallao, xa te podía de leva-lo demo!
I un día cheghou o demo e díxolle:
—Vouche leva-lo fillo.
—Bueno, pois levarás. Pero, déixamo un día máis pra que me apañe un carro de leña.
E deixoullo quedar e pr'o outro día díxolle:
—Teste que marchar a servir á casa do demo.
—E o rapaz marchou, e foi andando, andando hasta o coto máis alto i alí preghuntoulle ás nubes:
—Nubes, podédesme decir onde está a casa do demo?
—Ai, dios mío! E ti pra que vas alá? Que te vai matar!
—Mandoume meu pai e teño que ir de criado.
—(...)Pois, vai aghora onde as estrellas a ver se elas saben que van máis altas.
Cheghou onda as estrellas e tamén:
—Estrellas, podeisme decir onde é a casa do demo?
E díxolle:
—Ai, dios mío! E ti a que vas alá? Que te vai matar!
—Mandoume meu pai de criado, teño qu'ir alá.
Sigheu e dixéronlle:
—Bueno, pois vai onde o sol que vai máis alto.
Cheghou onde o sol e díxolle:
—Sol, onde está a casa do demo?
E díxolle:
—Ai, dios mío. E ti a que vas alá? Que te vai matar!
—Mandoume meu pai de criado e teño qu'ir alá.
E díxolle o sol:
—Pois mira, ves alí abaixo un regheiro? I hai un lagho e vanse vir bañar as fillas do demo e ti vas a ver que son tres; son santas pero a máis pequena chámase Blancaflor i é santa e sabia. Ti tes que lle aghacha-la roupa, de Blancaflor.
I así foi. Aghachoulle a roupa i a rapaza cando saeu do río, dixo:
—Quen me levara a miña roupiña, se ma volvera a traer, libraríao de cantos traballos no mundo pudera ter!
E entonces, xa foi con ela e marchou á casa do demo e cheghou alá e díxolle o demo:
—Pois aghora vas labrar aquela veigha, sementa-lo trigho, cuidalo, seghalo, mallalo, moelo e traermo pr'o, o pan.
—Ai aghora! Esto é imposible! Aghora si que me vai matar.
E despois, cheghou onda Blancaflor:
—Que che mandou facer?
—Mandoume: sementa-la vei[gha], labrala, sementala, ghobernala, segha-lo centeo, mallalo, moelo e levarlle o pan pra o xantar.
E díxolle ela:
—Bueno, pois déitate aí a descansar e xa cho traerei. E así foi, dentro dun pouco cheghou Blancaflor xa co pan i el cheghou onde o demo i o demo díxolle:
—Bueno, está ben.
E o demo ao mismo tempo pensou:
—Quen che estará axudando! Aghora, mañán vas, cortas aquela viña, lábrala, plántala, cuídala, colle-las uvas e fa-lo viño e tráesmo pr'o xantar.
—(Muy bien), aghora estou perdido!
E foi Blancaflor e díxolle:
—Bueno, ponte aí a descansar que xa ch'eu axudarei.
E despois, levoullo, o, o viño pa o xantar.
E díxolle:
—Buf, este si, este si que vai ser máis demo ca min!
E entonces díxolle:
—Pra o outro día aghora vas(...)Ves aquel pinar tan ghrande? Agharras, arranca-los pinos e polos todos coas raíces pa riba i a copa p'abaixo.
—Ai, esto é imposible! Tantos, tantos pinos!
Cheghou onda Blancaflor e Blancaflor díxolle:
—Bueno, pois ponte a descansar que eu che vou facer ese traballo.
E fíxollo.
E cheghou e díxolle:
—Bueno, aí está.
E dixo:
—Bueno. No, ti xa es máis listo ca min, es máis demo ca min. Quen che estará axudando!
E díxolle:
—Bueno, pois aghora, ves aquel lagho?
Había un lagho ghrande.
—Aí caeu unha xoghada de bois cun carro d'ouro. Tes que baixar ao fondo e traermo.
E díxolle:
—Bueno, eso (que) é imposible.
Bueno, cheghou onda Blancaflor e díxollo e Blancaflor díxolle:
—Bueno, aghora tesme que axudar ti. Eu non o podo facer solo.
E díxolle:
—Bueno, agharras e córtasme en pedaciños. Métesme nunha botella e tírasme ao, ao lagho.
I así foi, tirouno. E saíu Blancaflor co carro de ouro e coa xoghada dos bois. E despois dixo o demo:
—Pois anda que si que (incomprensíbel) Téñote que matar porque es máis listo ca min.
Entonces foi (incomprensíbel) outra vez con Blancaflor e díxolle ela:
—Bueno, aghora, vaiche mandar que escollas unha das fillas pa te casar con ela. E ti, cando me picaches en cachiños, caeuche unha ghota de sangre i esa ghota de sangre fáltame a punta do dedo pequeno. E vaiche dicir que ten(...)Vainos mandar mete-la mau e entonces, ti xa me escolles a min porque me falta esto.
Porque el decía:
—É imposible. Como vou certar pola mau!
E foi i así foi. Escolleu en Blancaflor.
—No, ti si que es o demo. Téñote que matar. Es máis listo ca min.
E casáronse. Fíxolle a voda e casouse coa filla. E despois, a noite de vodas, díxolle(...)díxolle ela:
—Mira, aghora vainos matar. E eu vou facer un traballo e ti vas(...)
Tiña o rei(...)o demo(...)O demo tiña dous cabalos, un era morriñoso i outro moi ghrande, moi bo. I ao muchacho pareceulle que o morriñoso non podía con eles, pra fuxire. E escolleu o outro i ela, mentras tanto, escupía nunha palangana chea de saliva e puxera dous odres de viño na cama. E, eles escaparon.
—Aghora co,colliches este cabalo, temos que fuxir como seña.
Non tiñan tempo. E o demo cheghou á porta e empezou a chamar:
—Blancaflor!
—Señor.
—Blancaflor!
—Señor.
—Blancaflor!
Cada vez iba a saliva a menos. Hasta que:
—Blancaflor!
—Señor.
—Blancaflor!
—Señor.
—Blancaflor!
Nada.
—Blancaflor!
Nada.
E nesto, dixo el:
—É a miña hora. Aghora entro e mátoos.
I agharrou, entrou e clavoulle o coitelo. Pero, chorreou(...)
—Vamos, xa os matei!
E cheghou de volta onda a muller.
—Xa está.
E díxolle a muller:
—Ti miraches ben? A ver se non te enghañaron!
E, e foron e claro, o enghañaron. Eran os odres do viño.
E dixo:
—Ti es un burro!
Díxolle ao demo a muller.
—Es un burro. Enghañáronte.
Bueno, el con esto baixou á corte a ve-los cabalos. E como ao escoller, en vez do pensamiento, escollera o do vento
—Ai, aghora xa estou salvado! Xa os pillo!
Puxo o pensamiento neles e xa cheghaba cerca deles. E cando iba cheghando, Blancaflor soltou unha presa de alfileres e fíxose unha silveira mui ghrande i o demo tuvo que dar un rodeo e n'os pudo pillar. E cuando os iba pillando outra vez, botou un puñado de sal i o sal volveuse un lagho mui ghrande e entonces, o demo tuvo que dar outro rodeo e non pudo pasar. E despois, volveu outra vez, e xa os iba pillando. E entonces, dixo ela:
—Bueno, pois aghora, vamos a facer unha cousa. Eu voume convertir en iglesia i o cabalo en campanario e ti, o campaneiro.
E el, pra que o demo n'o conocera, puxo a chaqueta do revés. E cheghou o demo(...)E, e el tocaba, tam, tam, tam! a campana canto máis podía. E decíalle o demo:
—Señor, señor! Veu pasar por aquí un home nun cabalo i unha muller?
El, nada. E volta outra vez, e nada. E despois, por fin, díxolle:
—Veu pasar por aquí un home i unha muller?
E díxolle el:
—As tres! Dan, dan, dan!
Acabou.
—Este home é parvo. Non me entende! Pero aghora, cando cheghen ao primeiro lughar, ten que ter cuidado, que si unha vella se abraza a el, vai perde-la memoria.
Botoulle a maldición. E entonces, así foi. O demo dou volta i eles chegharon ao lughar i el tuvo cuidado pero, veu unha vella por tras i abrazouno i el perdeu a memoria. E non se acordou máis da moza nin de quen era. I ela era costureira, fíxose unha costureira i andaba cosendo...polas portas. E íballe face-la roupa a
unha moza pra se casar. E entonces, empezaron a contar cada un a súa vida i ela contou a dela e cuando iba terminando, díxolle, díxolle el, veulle a memoria e dixo:
—Esa historia é a miña. É a miña e esta é a miña muller e non me podo casar que xa me casou o demo coa súa filla.
Autor/a da transcrición: e~xenio