Manuel López Díaz, “Manuel de Candelos”, naceu en Candelos, Arroxo, A Fonsagrada (Lugo) en 1939, onde reside na actualidade. Dedicou a vida aos labores agrícolas e gandeiros, á caza, unha das súas paixóns, e temporalmente tamén participou na vida política como concelleiro no concello da Fonsagrada. Os contos foinos aprendendo nas polavilas, naquelas reunión que se facían antigamente nas casas da veciñanza para contar ou cantar. Na súa casa e coa súa participación organizaron unha “polavila” en 1998 os membros do Equipo Chaira, cuxos resultados foron publicados no traballo “Unha polavila en Candelos. Literatura popular do concello da Fonsagrada”, Boletín do Museo Provincial de Lugo, tomo X, 2001/2002, páx. 137-176.