José Mª Parente Gómez, "O LLou", naceu en Xinzo da Costa, Maceda (Ourense). Gaiteiro, felo e personaxe destacado das Terras de Maceda. O apelido “parente” é sinónimo de troula rachada. “ O LLou”, como o chaman por estes lares, defínese como unha persoa respetuosa coa xente maior, escoitador e admirador dos nosos antergos. Gústalle coller algo das fermosas lendas e parrafadas que lle transmiten a cotío as xentes da bisbarra.
Saúdo grande do voso amigo, José María Parente Gómez