Isto que vou a contar
estando aínda solteiro
é un conto das castañas
que daba o meu castiñeiro
Hai noventa e cinco anos
que aquí o plantou meu pai
e dígovos de corazón
que outro mellor que non hai
Cando as meto na boca
venme un recordo á memoria
meu pai morreu sin probalas
Dios o teña na gloria
Recordo que cando era neno
o meu pai me dicía:
Canto de castañas
este árbore que eu plantei
nin cocidas nin asadas
eu xa non as probarei
Cando eu tiña dezaoito anos
meu pai desapareceu
desde aquel día o castiñeiro
nunca máis castañas deu
Quedei moi aquelado
todo aquilo que pasou
eu non sei porque razón
levo moito cavilado
e non lle atopo explicación
o que o sabe está calado
Eu nunca o vou saber
e o que o plantou
cando morreu
algo me deu a entender
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro