Germán Anllo Falcón: A escuela, hasta que tíñamos seis anos non íbamos.
Lois Pérez: Que recordos ten da escola?
Germán Anllo Falcón: A escuela, moi bos recordos non teño porque non había maestros. Había un maestro aí que era un señor xa de edá, chamáballe don José, eee i había nun, non sei, un caseto que había xunto da iglesia, alí era a escuela onde íbamos nosoutros. Non sei si sabe cal é o caseto.
Lois Pérez: Si, si.
Germán Anllo Falcón: Unha casiña que alí detrás.
Lois Pérez: Sei, sei.
Germán Anllo Falcón: Enseñácheslla?
Lois Pérez: Si, si.
Interveniente: Xa a viu, si.
Germán Anllo Falcón: Bueno, agora ta ta reformada.
Lois Pérez: Si.
Germán Anllo Falcón: E estábamos que non había donde sentarse, daquela había moita xente, moitos pequenos e pequenas. Buf! E pouco se aprendía. Eu aprendera algo e mais meus irmaus porque meu pai aínda sabía pa daquela, meu pai era perito pero sin título. (Aínda) facía partillas e eso, pero non tiña...
Lois Pérez: Non tiña título.
Germán Anllo Falcón: Non tiña título, e daquela facíase.
Lois Pérez: Pero sabía.
Germán Anllo Falcón: Sabía medir o da finca e sabía todo eso.
Lois Pérez: Cales eran as medidas?
Germán Anllo Falcón: As medidas? As medidas era: un ferrado son quinientos metros, e a media fanega son mil, e unha fanega (eran) dous mil.
Autor/a da transcrición: e~xenio