Os cetáceos como decía antes son animales psicopompos e, polo tanto, son animais que para o imaxinario das colectividades que vivían nos litorais desde a orixe da humanidade sempre tuveron un valor porque vivían entre o visible e o invisible, como decía antes, entre a luz e a sombra, e aí nace a figura do Leviatán.
O Leviatán é o monstro mariño que en algúns casos é un ser malvado, perverso, perigoso, e noutros non. No? A primeira referencia a, a, a Leviatán está en unhas escrituras cuneiformes sobre barro da cultura babilónica na que se conta a cre/ a historia da creación. Entón, Tiamat que é a primeira, a creadora, a nai de todo, Tiamat crea os leviatáns que van ser sempre os seus aliados. Tiamat vive a súa vida, sempre aliada dos leviatáns, ata que os fillos intentan sacarlle o poder e sacarlle o,o,o reino, no? Entón, ela enfren/ enfróntase a eles, e quenes loitan con eles son os leviatáns. Ela e os leviatáns van ser derrotados, ganan os fillos, e está considerada esta lenda tan antigua porque é anterior a cual/ a calquera escritura, como o paso da cultura matriarcal á cultura patriarcal, a partir de entón gobernarán o mundo os fillos, no?
Esta lenda recóllea, bueno, recóllea moita xente pero, aquí, en Galicia recóllea Vicente Risco nun libro que se titula Orden y caos. Exégesis de los mitos que lle dá exactamente ese valor. O leviatán aparece moitas veces na Biblia, e Xonás é tragado por un Leviatán e,e,e e aparece na Apocalipsi, no último día do xuízo, os xustos devorarán o Leviatán.
E algo tan poderoso, con tanto valor a nivel, digamos, simbólico para todas as culturas, tamén, para nós tivo o seu labor, no?
Autor/a da transcrición: e~xenio