Eu empecei a escribir este libro a partir do ano 2004; sempre tivera a idea de facer algo desde que era o cachalotiño da Pepita, bueno, un pouco despois. Pero non sabía nin por onde entrar ni me decidía, pero no 2004 fun a Porto Madryn, Puerto Madryn península de Valdés, na Patagonia arxentina, e alí salín a ver baleas nunha lancha pneumática, non nun barco grande de moita proa, senón nunha lancha que íbamos a rentes do mar, e,e,e de repente apareceron unha balea das que veíamos antes, franca, e,e,e e,e,e austral, que era no sur e,e,e ca cría, que interactuaron moito con nós, miraban pa nós e,e,e pasaban por debaixo, daban voltas arredor de nós e incluso, nun momento que desapareceron, cantaron para nós. O canto da balea franca é mui diferente e,e,e da xibarte, por exemplo, a xibarte fai uns cantos tan meliodosos que enamoran tanto a todo o mundo,a balea franca fai un canto máis de fondo, máis tubular, algo así. Pero nun momento determinado, as baleas, a cría e a nai afastáronse un momento, miraron para nós e empezaron a vir co lombo na superficie da auga directos cara nós, eu decateime de que iban pasar por debaixo da embarcación, entón deixei a mando debaixo da auga, e a miña man na auga agarimou á nai desde a cabeza hasta a cola. Aquelo foi unha especie de experiencia mística e, naquel momento, decidín que tiña que escribir o libro que levaba tanto tempo pensando; tardei dazanove anos pero fíxeno. Por que o fixen? Bueno, porque de repente decateime ao empezar a pensar en todo esto que o cetáceo me permitía contar a historia de Galicia desde o Pleistoceno ata hoxe. A través da ollada do cetáceo podíamos contar: os fósiles de zifio que que aparecen e que están no museo da Sociedade Galega Historia Natural e que,e,e datados hai aproximadamente 30 000 millóns de anos, e,e,e xa estaban aquí con nós, e os mariñeiros do Ortegal cando facían os arrastres atopaban unhas pedras mui pesadas que non sabían o que eran i utilizaban para rastrar as redes, en realidade eran fósiles de zifio mineralizados que tras ser analizados por un equipo internacional de investigación deron lugar a catro especies distintas de zifio, o zifio ademais é un animal mui misterioso porque está mui pouco en superficie e,e,e baixa mui profundo, respira unha vez e volve ao fondo; o cachalote baixa casi igual pero necesita dez minutos para recuperar, o que o fai mui vulnerable para a caza, i o zifio era mui desconocido, sempre o foi, porque casi non se vía.
Entón, dende aí, eu podía contar a historia deste país ata hoxe porque en todos os períodos de Galicia están, están nas cámaras funerarias dos dólmenes de, varios dólmenes galegos, entre eles Pedra da Arca ou Dolmen de Dombate, hai na cámara fune/ porque o cetáceo ten un valor psicopompo que lle chaman, que son animales que están entre a luz i a escuridade, entre a vida e a morte, entre a superficie e o fondo, e que o home sempre considerou os animales psicopompos, tamén a serpe que desaparece parte do ano entre a pedras e se mete na terra, que acompañaban os difuntos cara o máis alá. Entón, e,e,e sempre nas cámaras funerarias, como decía, dos monumentos megalíticos, nos castros aparecía, aparecen ósos de cetáceo nos cuncheiros fosen cazados ou fosen atopados no mar e,e,e todo o principio do cristianismo e do, de final da romanización en Galicia ten iconografía de cetácea, a Edade Media é mui poderosa, incluso hai cantigas de sobre cetáceos, o gótico xa é unha expansión enorme cas bocas do inferno e as bocas do purgatorio, según entren os seres, os mortos dentro ou salgan, si entran, boca do inferno, si salen, do purgatorio, e que hai moitas representacións, na praza das Bárbaras en Coruña hai unha e na igrexa de Santa María de Laxe, da atalaia en Laxe, hai outro marabilloso e,e,e pouco a pouco decateime de que podía contar todos os períodos da historia do país a partir deles. Logo con toda a ilustración, todos os ilustradores galegos escribiron sobre a taxonomía dos cetáceos: Frei Martín Sarmiento, Jerónimo Feijoo, Cándido Fernández Rial, Víctor López Seoane. Todos escribiron de cetáceos intentando, é un momento que ademais a taxonomía era fundamental porque Darwin estaba facendo a evolución das especies, eles entran a disputar a discutir nese debate que existe a nivel mundial sobre como é a evolución das especies.
Hasta hoxe, hasta o que acabamos de ver ou hasta as interacción das candorcas, hoxe, na costa galega entre outras, cos barcos veleiros deportivos, permitíame contar todo, a relación cos nenos porque os golfiños aparecen e xogan moito cos nenos nas praias, era fascinante poder meterte neso ata no libro, o libro remata cunha creación dunha poética i é que a partir se publica o libro Baleas e baleas, de Luísa Castro, hai unha eclosión poética sobre a balea en Galicia enorme que vai ir explicando o cetáceo desde moitos puntos de vista, reinvindicación ecoloxista, vida económica pero que remata, agora faise unha especie de vínculo entre o cetáceo como animales en vía de extinción e a lingua como lingua en período de extinción. Tamén hai poesía sobre eso. Entón, permitíame abranguer, practicamente, toda a historia do país desde múltiples puntos de vista, relacionándonos con todo o mundo porque, claro, escribir de cetáceos supón escribir de cetáceos en Islandia, de cetáceos en Noruega, de cetáceos nos países baixos, en Estados Unidos, en Arxentina, en todas partes. No? Entón, deume a sensación de que estaba traballando nun libro que respondía a aquela frase de Staffan Mörling, o sueco que chegou aquí e descubriu a dorna e as embarcacións tradicionales, Galicia non é a fina/ fin da terra senón que é o centro do mar. E con esa filosofía escribín un pouco o libro.
Aquí teño algúns dos esquemas e,e,e que tuven que facer para facer ese traballo Ser cetáceo, e os esquemas tamén son cetáceos. Por que? Para cada li/ para cada capítulo ordenar a cantidade de información que tiña, obrigábame a ir facendo esquemas nos que tiña que ir engadindo cousas, nunca fixera un traballo tan exhaustivo e tan minucioso como o que está aquí, intentado ordenar nestas, neste caderno de dibuxo, todo o que tiña que levar cada capítulo, a veces a orde tiña que volver p'aquí porque esto vinculábase con algo que descubría despois, ou todo de relacións que hai eiquí, ou esto que é a creación da poética como foi evolucionando as liñas da voces poéticas do páis en relación con outras voces poéticas tamén que traballan o mesmo en Irlanda ou en Estados Unidos e,e,e Portugal, e que dialogan sobre este mundo.
Autor/a da transcrición: e~xenio