
Suso Ascariz é intérprete, profesor, compositor e investigador do mundo da Gaita da Terra de Melide. Formado no conservatorio Folque de Lalín e da man de mestres de música tradicional, fundou e participou en numerosos proxectos, imparte clases de gaita en varias escolas de música tradicional.
Dese interese xurde este libro denominado 'A gaita na Terra de Melide' que despois de 4 anos de estudo e investigación, reflicte un percorrido sonoro, literario e fotográfico pola tradición musical dunha comarca, tomando como referencia espacial os concellos de Sobrado dos Monxes, Toques, Melide e Santiso, onde se estuda a evolución da gaita galega nestas terras ao longo do século XX ao tempo que se describe o contexto histórico e os acontecementos máis relevantes que marcaron o devir do instrumento.
E un traballo de investigación construído a través das biografías de gaiteiros e artesáns no que se recollen vivencias e anécdotas contadas en primeira persoa e que nos leva de novo ás eiras, ás casas, ás romarías e a todos aqueles espazos da Terra de Melide nos que se tocaba e nos que a gaita foi adquirindo aos poucos unha función social determinante.
O libro inclúe un repertorio composto por 60 partituras, moitas delas inéditas, e un CD coa gravación das catro muiñeiras da Terra de Melide compostas polo autor.
Suso Ascariz: E nada como vos comentaba imos presentar o libro “A gaita na Terra de Melide” comecei un pouco co afán de formarme persoalmente nestes aspectos históricos que tuveran que ver coa gaita, co gaiteiro, na nosa comarca.
Ata que chegou un momento que me vin cun material bastante consistente e decidín que tiña que publicalo e que mellor maneira que editando un libro, xa que eu son dos que penso que este tipo de traballos forman parte dun legado común que non tiña ningún sentido gardar para min na casa senón que hai que compartilo, non?
Cronoloxicamente cinguinme ao século XX, xa que era un pouco aa o período no que eu podía buscar información e informantes en vida que me puideran aportar datos reais e tamén o máis obxectivos posibles.
E nada, xa comentándovos un pouco o comezo do libro, o libro comeza un pouco relatando os feitos históricos máis importantes que aconteceron na comarca durante este período e que xeraron en torno a gaita. Por comentarvos así algún temos o Capitel de Melide, que moitos de vós xa coñeceredes, que data do S XIV e que o primeiro ... iconográfico que hai dunha gaita en Galiza, a día de hoxe atópase almacenado no Museo de Pontevedra.
Temos tamén, do que xa se falou aquí, o libro Terra de Melide, unha das tres publicacións do Seminario de Estudos Galegos coa da parroquia de Velle o de Calvos de Randín, pois o do Terra de Melide como ben antes dixestes publicado no ano 1933, no que Eduardo Martínez Toner e Xesús Bal e Gay pois aportan unha pequena escolma de pezas para gaita dun valor incalculable para gaiteiros coma min, xa que case 100 anos despois podemos recurrir a esas músicas, a esas partituras que nos deixan eles e tocar esas músicas sin que sufriran contaminación allea ningunha durante todo este período. Para min é fascinante, porque claro, son case 100 anos, normalmente neste período esas pezas que se foron recollendo foron sufrindo transformacións, neste caso pois non.
Outro feito moi importante xa máis na actualidade e o, a asociación de gaiteiros galegos, a creación da asociación de gaiteiros galegos, na que o pobo de Melide con aquelas primeiras reunións que facían no antigo museo de Melide, en realidad Xosé Domingos Fociños tiveron que ver na creación de dita asociación, non?
Outro aspecto moi importante dos que falo no libro é a función social da gaita e os espazos onde se desenvolvía. Eee durante a ditadura, en épocas de miseria, onde o réximen franquista e a igrexa coutaban bastante a liberdade, pois a gaita xogou un papel determinante sobre todo nunha zona como aquí como a Terra de Melide que era bastante bastante rural. A gaita asociábase os tempos de lecer, o divertimento despois das duras faenas do campo, a romerías e festas patronais, os cantos de Reis, e tamén as foliadas claro, onde a mocidade aproveitaba para botarlle un conto, botarlle unhos bailes e tamén mocear. En definitiva aí a gaita xogou un papel determinante porque na maioría de casos, sobre todo aquí na Terra de Melide, que era bastante rural como vos comentaba pois era a única que levaba música ao pobo, era ese canalizador de emocións que tiñan para xuntar a xente, a gaita facía esa aportación , non?
Aínda que o nome do libro A gaita na Terra de Melide poida dar pé a pensar que é un libro técnico sobre a gaita pois máis ben todo o contrario, fíxeno coa idea de poder , que se puidera chegar a todo tipo de públicos aínda que non estiveran ligados a música tradicional. Ben é certo que ten unha pequena parte técnica na que falamos do toque pechado, que era un xeito de tocar que hai en moitas partes do país, aquí tiñamos o noso propio xeito de tocar de xeito pechado que tocaban os nosos maiores. A día de hoxe perdeuse, somos moi poucos os que estamos intentado recuperalo e volvendo a tocar pechado, é algo que ee a min nadie nesta zona, da xente que toca ahora me ensinou nin o practican vamos, entonces si que é algo que estamos intentado recuperar e o libro aporta ese pequeno gran de area.
Outra parte, indo a parte técnica un pouquiño, falamos das diferentes gaitas que empregan os gaiteiros na comarca da Terra de Melide e onde hai unha gaita que destaca por riba de todas, que é esta gaita que teño aquí que é coñecida como a gaita de catro voces xa que ten catro tubos sonoros e tamén é coñecida como a min me gusta como a gaita de galleto, se vós fixades é coñecida como gaita de galleto porque a buxa esta de onde sale o grileiro e a ronqueira pois fai forma de galleto e de aí o seu nome a gaita de galleto.
Esta gaita só era tocada e construída por artesáns das terras do medio, Terra de Melide, concello de Arzúa e Friol, foi unha gaita que se tocou moi pouquiño pero bueno aínda hai varios gaiteiros incluso que documento aí que si que a tocaban e de hoxe nadie a toca. E igual que o toque pechado que é algo que estou intentando pois volver a recuperar, de feito creei un grupiño que lle chamo A gaita de galleto na que eu vou coa gaita de galleto pois tocando un pouquiño para volvela a recuperar.
É unha gaita espectacular, porque como vos decía coñecida como gaita de catro voces e claro sona, ten moita potencia, sona moitísimo, sona de feito sona como dúas gaitas, porque aquí o grileiro ten unha palleta como o punteiro e emite o son dun punteiro e sona como dúas gaitas.
Vouvos agora a interpretar unha peza con ela, inda que é certo que non estamos no sitio máis adecuado para facelo xa que este tipo de gaitas están pensadas para tocar no exterior. Como me dicía algún vello aí .....subiámonos a un cómbaro e con esta gaita sentíannos ben cando faciamos as foliadas para que a mocidade bailara e eso. Vouvos tocar unha peciña
Cristina Lombao: É como en estéreo, sale por dúas...
Suso Ascariz: Ahora oídesme (risas). Eu normalmente cando ensaio na casa con ela xa acostumo a ensaiar con tapóns (risas)
Interpreta a peza (aplausos)
Suso Ascariz: Bueno, como ben vedes é unha gaita que soa por dúas e que está pensada para o exterior e que podo facer eu só perfectamente unha alborada, non necesito doutro compañeiro tocando a gaita nin moito menos porque escoitásenos o lonxe.
Cristina Lombao: E esas agora mesmo, ese tipo de gaitas constrúeas alguén?
Suso Ascariz: Este tipo de gaitas eu teño unha gaita moderna construída, que ma constrúeu, ao mellor sonábamos, o artesán este que é moi coñecido, Seivane.
Público: Si
Suso Ascariz: E hai algún artesán tamén como Pablo Carpintero que tamén as constrúe e Pablo Carpintero o que fai é réplicas de gaitas antiguas e intenta reproducir a sonoridade destas gaitas antiguas. Esta gaita é unha gaita antiga que lle merquei a un gaiteiro de Santiso, a un señor que aparece no libro, a Benedicto García, e que ten como uns oitenta anos ou así. E ahora fixen unha máis moderna, é como esta, unha gaita de galleto e todo, tamén se toca co xeito este pechado que vos comentaba antes.
Un pouco porque esta gaita resúltame moi complexa de afinar, leva moitísimo aire seríame imposible facer actuacións moi longas, como explicaba é moi difícil de afinar para traela hoxe aquí hai que andar varios días encima dela tocando e traballar sobre ela para conseguir un son algo decente. E despois, así dito vulgarmente, tira do peito moitísimo, non darías feito unha actuación dunha hora tocando polas rúas con ela porque é moi potente.
E quitado Pablo Carpintero que as constrúe sei dun rapaz de Ordes que ten outra e tamén os fillos dalgún construtor, dalgún artesán de gaitas que aparece aquí, que a día de hoxe vive en Euskadi que si que ten algunha gaita que lle deixou aos fillos, si que as teñen pero realmente que toque este tipo de gaita creo que toca Pablo Carpintero algunha vez nalgunha demostración e eu, non coñezo a ninguén que toque este tipo de gaitas.
E creo que é algo que hai que recuperar e sobre todo nesta zona porque era algo, como vos comentei antes, deste tipo de gaitas só a tocaban gaiteiros de aquí das terras do medio e que só as construían artesáns de aquí, non había ou polo menos, hasta ahora, non hai nada documentado que se fixeran noutro sitio, noutros lugares vaia.
Ben, pois continuemos un pouco co libro, ahora viría seguíndonos un pouco o traballo, viría a parte para min máis importante, bueno, para min é a máis importante do da que falo, que é a parte dos artistas, o libro inclúe 26 relatos sobre gaiteiros e grupos de gaitas da Terra de Melide e tamén outros 5 sobre artesáns, en total son 31 relatos donde falo das súas vidas como gaiteiros e tamén das súas experiencias cando iban tocar e no que prima é a posta en valor deles xa que moitos estaban esquecidos.
Volvendo un pouco os artesáns algunha presentación que fun facer por aí fóra da Terra de Melide e tal alucinan todos cos artesáns, porque estamos falando de 5 artesáns, nun... canta poboación pode ter a Terra de Melide? E ahor...hoxe podemos andar nos 11.000, non sei Xurxo que ti o mellor sabes mellor pero nos anos 70 ou 50 que poboación podía ter Melide?
Xurxo Broz: Daquelas había, índa había máis.
Suso Ascariz: Máis e había un pouco máis pero bueno
Xurxo Broz: Un fluxo migratorio tan...
Suso Ascariz: Estamos falando de moi poucos habitantes, dun territorio moi pequeno e con 5 artesáns, eso é que se hai 5 artesáns ou houbo durante esta época que moitos cadraron, eu case todos cadraron, é unha pasada, tiña que haber moito gaiteiro (incomprensíbel) tiña que haber moito gaiteiro para facer tantas, tantas gaitas. De feito xa tiña o traballo rematado e aínda me falaron doutro artesán máis a maiores en San Martiño das Varelas, o sea, que era unha pasada a de gaiteiros que había.
Seguindo un pouco o fío este dos relatos e collendo información que tiña dunha dss primeiras gaiteiras documentadas que hai en Galicia que era Áurea Rodríguez dos Maravillas de Cartelle, que era unha gaiteira dos anos 20, pos fun á procura da primeira gaiteira da Terra de Melide e bueno comentarvos que a primeira gaiteira que atopei non foi unha que senón foron 3, dun golpe, e saíron todas da Agrupación Froito Novo no ano 81. Antes deso toda á xente maior que lle preguntei sempre me falou que a gaita era cousa de homes que as mulleres non tocaban a gaita, por sorte a día de hoxe todo eso mudou.
Elas contábanme que camiñando pola rúa un día viron uns carteis que poñía que se impartían aulas de gaita e como non poñía se era para homes ou para mulleres pos decidiron anotarse e ata hoxe. Incluso unha anécdota comentarvos que dúas delas casáronse vestidas co traxe tradicional vestidas de gaitas.
E nada, xa cara a recta final do traballo o libro inclúe unha escolma de 60 partituras de pezas interpretadas por gaiteiros da Terra de Melide e cun grandísimo valor por algo que vos vou comentar agora e é quen nun mundo tan globalizado como o que vivimos agora, e como o que falabamos antes, hoxe a maioría dos grupos do país pois compartimos repertorio, eu hoxe poderíame xuntar cun gaiteiro da Coruña, outro de Vigo e outro de Lugo e fixo que temos en común varias pezas que podemos tocar. Eso é algo que foi súper positivo e que eu considero que é algo positivo, non? coller que poidamos compartir xente de fóra así a caída e tocarlle unhas pezas. Pero tamén é certo que por outra parte que ahora perdéronse ese tipo de repertorios que había por zonas do país ou por comarcas como é neste caso e non ten moito sentido ahora que algúen coma min que imparte aulas de gaita en Toques pois que lle enseñe os alumnos pois a muiñeira da Fonsagrada, que está moi ben aprender a muiñeira da Fonsagrada que é xenial pero non ten moito sentido que non coñezamos o repertorio do gaiteiro de Trandeiras dalí de Brañas que está a 5 quilómetros de nós e que é precioso.
E que este é meu caso, eu non o coñecía, estabamos buscando cousas fóra, cando realmente tiñamos aquí unhas pezas e uns gaiteiros que interpretaban melodías preciosas.
Entonces o que pretende un pouco estas partituras, esta escolma que fixen, un pouco o meu gusto que hai máis pezas que estas, era un pouco eso, volver a recuperar un pouquiño este repertorio que tiñamos aquí na Terra de Melide, que o comezo sexa ese, comezar un pouquiño por estas pezas que temos de aquí que a maioría delas, bueno a maioría non, pero moitas delas das que hai aquí son inéditas, porque son de recollidas pero nadie as tocaba, estaban totalmente esquecidas e íanse esquecer e recuperaron un pouco eso, que se recupere ese tipo de repertorios. Estou empezando ahora un pouco, cambiei un pouco a idea, estou empezando hai xa uns anos nas aulas a cambiar esa idea, empezar un pouco con ese repertorio, independetemente de que despois poidamos aprender outras cousas do, doutras zonas do país.
Hai un tempo preguntábanme nunha entrevista cando saquei o traballo, se este traballo vviña a encher o vacío que había en canto a información sobre a gaita na Terra de Melide. Ben, eu considero que si que enche parte do baleiro xa que non había nada ordenado, por dicilo dalgunha maneira, e faltaba moita información, pero dende logo que non ven a encher o baleiro todo nin tampouco pretendo con este traballo presentar cátedras sobre nada simplemente o que aporto, intento aportar unha información que eu tiña, para que sea válida para todos. E véxoo máis como o comezo de algo, véxoo como o comezo de generar inquietudes sobre xente coma min que é unha apaixoada sobre este mundillo e pois que sigan aparecendo pois que se sigan documentando gaiteiros, que se sigan documentando feitos históricos que xiran en torno a gaita e bueno pos eso, quen sabe si nunhos anos aquí alguén documenta unha gaiteira da Terra de Melide dos anos 20, sería marabilloso, esa é un pouco a idea, non?
E nada ee, canto traballo me deu, que sempre digo o mesmo nas presentaciós, canto traballo me deu e que rápido volo contei (risas), porque botei aquí uns cuantos anos con el , non?
Eee xa solo me quedaría falarvos do cd, do disco, da música, como gaiteiro que son e que me gusta tocar, bueno pois apeteciame gravar algo, estiven pensando un pouco en gravar con gaitas antigas pero despois non o vía moi factible e tal, e un día acordóuseme de que había uns anos xa que tiña composto a Miñeira de Melide e a Muiñeira de Toques, esto que temos os gaiteiros de compoñer pezas e poñerlle lo nome do lugar onde somos ou de lugares de preto, e entonces acordouseme compoñer a Muiñeira de Santiso e a Muiñeira de Sobrado e facer as catro muiñeiras da Terra de Melide, que a parte sona bastante comercial, así que a hora de vender pois tamén me axudaba (risas) un pouquiño, non?
E nada, a Muiñeira de Toques graveina un pouquiño para o que fora composta, fora composta para ir a algún concurso de gaitas e esta pensada como para gaita solista e así gravei gaita solista e está gravada nese formato.
Despois a Muiñeira de Santiso, o Concello de Santiso, como moitos de vós sabedes que estades aquí, musicalmente falando está ligado a Banda de Visantoña. Entonces graveino un pouco pensando nese formato de murgas, de charangas, de cando o gaiteiro se aproximou os músicos de banda e montaban ese formación con clarinete, con saxofón e con eso, e compuxen un pouco pensando nesa idea e fíxome unhos arranxos pa que soaran a eso, a banda, o meu amigo Javier González Borrajo e nada, sona a eso, a murga, e o que sona esa peza.
Seguindo un pouco ese fío en Melide cando falamos de música tradicional inevitablemente falouse , falase e falarase a referencia para os gaiteiros sempre serán Os Garceiras de Melide, entonces pois bueno compúxena un pouco pensando nesa idea e graveina pensando nesa idea dos cuartetos de gaita, vestidos co traxe tradicional e dando alboradas polas rúas. Está un pouco, na miña cabeza polo menos, gravouse con esa idea que sonara un pouco a esa, a esa música.
E nada, xa me quedaba a Muiñeira de Sobrado só e entonces dixen bueno pois vamos pensar noutro formato, pensei nun formato máis actual e más de moda como é a música folque é gravámolo un pouco con esa idea, cun violín e cun acordeón. E así son as 4 muiñeiras da Terra de Melide que aparecen no cd.
E nada vouvos tocar unha última peza que é como mellor me desenvolvo eu tocando que falando, e dicíame un amigo meu candp fixen a primeira presentación do libro decíame: Notabaseche moito que te relaxabas cando tocabas. Pois eso, vouvos tocar unha peza cunha gaita tamén moi especial pra min, é unha gaita que me deixaron, que me deixou o gaiteiro José Vázquez máis coñecido como Martiño, que falabamos antes del. Martiño formou partes do grupo dos Arxubides de Toques, despois máis tarde formou parte dos Garceiras de Melide. Martiño gravaba con esta gaita no ano 69 o primeiro e único disco dos Garceiras, de aí a importancia desta gaita. Esta gaita é unha gaita que poderiamos catalogar dentro desas gaitas de transición, desas gaitas de transición que había entre as gaitas antigas, como esta de galleto que teño aquí, este tipo de gaitas solo servían para tocar con elas mesmas, afinan cos seus elementos sonoros solo, non sirven para tocar con outros instrumentos, por poñervos así un exemplo.
Esta gaita que está fabricada por Gabriel, por Gabriel Mato, gaiteiro, artesán de aquí de Melide, bueno, a gaita, o punteiro non o fabricou Gabriel comprouno Martiño en Vigo creo que me comentara. Pois é, digo que é de transición porque entra dentro desas gaitas que están a medias entre as gaitas antigas, de afinación natural, e as gaitas máis modernas, estas gaitas xa servían para tocar con outras gaitas e tamén con instrumentos de, con outro tipo de instrumentos como os que veñen detrás da súa época, pero ao mesmo tempo garda aínda esa sonoridade das gaitas antigas, por eso a fai tan tan especial. E nada vouvos tocar unha peza que tocaba Martiño cos Arxubides de Toques e cos Garceiras, que a gravaron no disco dos Garceiras e que se chama “Aires do Castelo” e así remato a miña intervención.
(Interpreta a peza)