Creo que esta tarde estuvemos vendo, sobre todo, tamén, aparte do coñecemento, e da, da arte,e,e de moitas cousas, estuvemos vendo ou percibindo, coñecendo e,e,e loitadoras, que era a outra parte da, desta historia. I, i,i,i creo que ademais é un, e unha das historias que máis debemos seguir estimando porque desde a señora Lola que eu creo que é a,a,a a que máis idade ten, ahora mismo, dos que estamos aiquí (...) hasta Enma que é a,a,a a pícara máis, máis tal, seguro que son mulleres que toda a vida,a,a estuveron e van a ter que seguir loitando, i creo que tamén, un pouco como agradecemento, vai este, este final de festa.
E,e,e a min, se me ocurría, tamén, como homenaxe que hoxe falaban aquí das nais, contarvos unha pequena historia que creo que é ben simpática e ben paradigmática de como son as mulleres de Taboada. Bueno, contaban moitas mulleres de Taboada que miña nai, e non porque fora miña nai, e,e,e seica era a muller máis guapa e máis elegante de Taboada, aparte de mui intelixente porque foi unha muller que naceu labre/ filla de labregos, naceu no ano 26 e nos anos 40 se fixo perito mercantil, despois de estudiar o bacherelato, foi mestra de,e,e xente, foi locutora de radio, foi institutriz de familias bien de Madrid, e,e,e enfermeira e comadrona, aparte de parir tres fillos. E,e,e (desto) de que era guapa (...) pois un día, hai,i,i pois debe haber unhos 17 ou 18 anos, un día recibín unha chamada dunha señora desde Barcelona preguntando por ela e,e,e decía:
-¿Usted sabe quién soy yo?
E digo:
-Pues no.
-Pues yo soy prima de Alfonsito, un novio que tuvo su mamá. ¡Qué tonto fue mi primo Alfonsito!
((Risas)) Bueno.
-¿Usted sabe la historia de Alfonsito y su mamá?
E digo:
-Pois a verdá que non.
-Pues si quiere se la cuento.
Y tal y no sé cuanto. Bueno! Eu sabía que miña nai tuvera un mozo, en Lugo, que se chamaba Alfonsito pero non, non sabía máis. Non? Esa era unha parte da historia, i a outra parte da historia era que miña nai contara que,e,e seica na casa do (incomprensíbel) en Pedrouzos, nacera unha vez unha becerra e,e,e que seica, nada máis nacer xa viron que aquelo era unha vaca marabillosa, iba dar unha vaca fantástica. Fixédevos como debía ser e como a deberon coidar que esa vaca se acostumbrou a subir unhas escaleiras desde o corral, andar todo o corredor e cheghar á cociña. Eh? O sea, subi/ subía unha escaleira que ten máis de 20 peldaños. Eh? A vaca subía a escaleira, andaba todo o corredor (...) Meu avó decía: "Alghún día ha partir unha pata porque ha rebentar unha, unha táboa". Bueno, entraba á cociña, había que metela dentro da vivenda porque non rousaba na,a,a alí diante da cociña, e volvía outra vez pa baixo.
Esta vaca, resulta que a levaron e,e,e presentárona ao Concurso nacional de razas autóctonas en la Feria del Campo de Madrid. E,e,e claro a vaca,a,a tal, e había que ir alguén con ela, entonces iba miña nai. E resulta que,e,e miña nai chegou un día a Lugo a junto de Alfonsito y le dijo que se iba a Madrid con la vaca. Y, entonces, Alfonsito que era de familia bien de Lugo le dijo que de eso nada. E miña nai que si; i o Alfonsito que non; e miña nai que si; e o Alfonsito que non; e miña nai que si, i o Alfonsito dixo: "La vaca o yo". I a miña nai dixo: "La vaca". ((Risas))
Total, que alá se foi coa vaca a Madrid e non ghanou, quedou de seghunda porque de primeira quedou a vaca da Diputación de Lugo. ((Risas e comentarios)) Era, eran outros tempos, pero a vaca, eso, quedou de segunda, e contaba, eso si que o contaba miña nai que seica a xente, en Madrid, pensaba que era unha azafata que puxera a orghanización porque non lle cadraba unha moza tan ghuapa cunha vaca,a,a (...) O sea que non lle cadabra como galega labrega. Non? Si, si. O sea que eso era a historia.
Autor/a da transcrición: e~xenio