E iste que vos vou ler ahora e,e,e escribino hoxe á mañá porque,e,e non sei, saíume algo así que tiña que ser algo que dixera algo e,e,e referente á,á,a, ao tema da,a,a das vilas de antes e de todo o que se facía antigamente que ahora estase perdendo pero bueno gracias a persoas como Antonio e como moitos dos que estades aquí, pois, penso que vai a seguir sendo e como di el vai, esta palabra ten que formar parte da, do dicionario xa.
Escritos do corazón
Escritos do corazón
tecen a nosa terra,
deixando algunha lenda
con fíos de honrada cor.
Alentos e gran valor
percorrendo cada aldea,
sen esquecer esa tea
que coseron co seu amor.
Fogares con ilusión
conservando toda verba
daquil pasado calor.
Hoxe, bagoando de dor
(incomprensíbel) e leiras
porque queda pouca voz.
Escritos do corazón
vai arando esta galega
para que non se perda
esa esencia do labrador.
Alentos e gran valor
quere cantar esta galega
para que non esqueza
latexos do trobador.
Fogares de lúa e sol
con arume de lareira
aínda revivirán amor.
Vilas cegadas de son
con sorrisa duradeira
latexaran despois de nós.
Autor/a da transcrición: e~xenio