Francisco Almuíña: Debe haber sete anos ou así, un día o,o,o señor cura, o Pardal, que é cura aquí de,e,e de Taboada, pois ao salir du,u,un cabodano me, me trouxo un papeliño deste que sabedes que [es]tá tan doblado que xa nas dobleces xa está roto, non? Así unha cousa que había que coller, así, con moito coidado, e díxome: -Ti que,e,e sabes de música, a ver si lle pos música a esto. -Pero esto que é? -Son unhas coplas que lle escoitei a,a,a a unha, a unha muller, unha veciña d'aí de Pacios que é xorda e que cantaba estas coplas, e tal, non sei cuanto, a ver que tal.
Bueno, eu empecei a leer, bueno empecei, léronme as coplas e,e,e e entonces, bueno, había unha cousa, así, que non me cadraba moito, non acababa de entender; empecei a preguntar, a preguntar e,e,e e entonces, ao final e,e,e foi saíndo a historia. A historia parece ser que, eu calculo, botámoslle contas e eso, que debeu ser en xaneiro do 47 e,e,e aquí na,a,a aí na,a,a nunha zona, hai un monte que lle chaman o monte da Penacova, i parece ser, pois eso, que non era,a,a de propiedade de ninguén en particular, que era deses montes que o primeiro que o cavaba, o primeiro que o traballaba tiña dereito de usalo, e debía haber un interese por parte de tres lugares e,e,en en usalo, entonces, o día dezasete de xaneiro, os de Muíñas e os de Moreda puxeron d'acordo que esa noite iban cavar o monte. Claro, cando chegaron os da,a,a os da outra que non me acordo agora que, cal era, non sei se era (...)
Espectador: Ramil e (incomprensíbel).
Francisco Almuíña: Eh?
Espectador: Ramil e (incomprensíbel) son os que están do outro lado.
Francisco Almuíña: E,e,e e (Carude) non sei tamén se,e,e. Bueno, andaban por aí (...) E,e,e cando chegaron, cando chegaron ao día siguiente, o monte xa estaba cavado. No? Bueno, dunha, desa historia así, fixádevos que cousas porque ás veces pensamos que os romances son (buf) e unhas historias mui tal, desa historia naceu unhas, naceron unhas coplas que, aínda atopei dúas mulleres e,e,en en Taboada que as cantaban de memoria.
Espectadora: I eu tamén.
Francisco Almuíña: Usté tamén a sabe? Bueno, pois nada, simplemente, volas vou a cantar i eu lle puxen unha, unha melodía e depois se me ocurriu que no retrouso, no, no que é o estribillo, conta outra pequena historia que é unha historia d'amor entre unha mociña e o cego. Eh!? Fai, como vai indo.
Autor/a da transcrición: e~xenio