Logo, un poeta que me gustou moito, moito, e que me chegou en un intre bastante amolado e que é, e,e,e Les fleurs du mal, de Baudelaire. A,a,ai, ai como entrou ese ho/ ese poeta en min! Foi como cando,o,o t'estás afogando, si, e atopas algo a que agarrarte. Logo,o,o bueno, ese recomendoumo a primeira patroa que tiven en Francia, e que de verdá, no,o,on no,o,on podo falar mal, nin moito menos, de esa muller porque eu, claro, eu non podía mercar tantos libros, pero pregunteille si da súa biblioteca eu podía levar un libro, e dice: "Luz, non ten que pedirme permiso; teño máis confianza en usté que nos meus propios fillos".
Era monume/ Era (...) Ela era (...) A,a,ai! Conferenciante de monumentos históricos, e cando era,a,a q'estaba, así, arredor de París (...) cando ía dar unha conferencia, decíame: "Luz, veña". E, ao millor, eu decíalle: "Señora, pero é que teño os platos para fregar". Dice: "Os platos non van a saír d'aí. Usté logo faga o que poida".
A verdade, foi a millor que tiven. Eh! De verdá, e animábame. eh?! E cando lle leín eso o do, do, de Louis Aragon, ela preguntoume: "Ai, Luz, e onde atopou usté eso?". Eu debinme poñer vermella, e digo: "É que non o entende, verdá señora?". Claro, eu non iba á escola, eu sabía que tiña,a,a que ter moitos fallos. E,e,e díxome: "Usté permite que eu lea?". -Non vai entender, pero aí está. Leeuno detidamente, e díxome: "Luz ten catro faltas que calquera francés ou calquera francesa tería máis".
Animoume!
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 2 de abril de 2018 en Santiago de Compostela, co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.