Luz Fandiño: Había unha rapaciña, esto é verídico, vivino eu, eh. E,e,e viña de Angrois andando ata Sar. E, aí tiñamos dúas monxas, máis outra que ía para monxa e que estaba ganando ben, ben méritos. Colleulle manía a aquela nena porque falaba en galego. Ela, na súa casa falaban en galego, na súa aldea falaban en galego, entón cando chegaba á escola, e decíalle: "Ahora, e,e,e esplícanos la leción pero en castellano". A rapaza si decía unha palabra en castelán, decía catro en galego. Collía aquela zorra,a,a con perdón (...)
Antonio Reigosa: Tal cual.
Luz Fandiño: Dos animais. E,e,e collía ca,a,a. Ai! Coa regla baténdolle, baténdolle ata que os sabañóns rebentábanlle e sangraba. Eu metía as mans así, por medo. E logo tiña unhas orellas de cartón, de burro,o,o e poñíallas a ela, e un cartaz detrás que decía: Yo soy una burra. Yo no sé hablar. Velaí, e quedou en min, impregnado aquel medo, aquela (...)
Antonio Reigosa: Humillación.
Luz Fandiño: Humillación tan grande (...)
Antonio Reigosa: Que era o que doía máis co dolor.
Luz Fandiño: E,e,e cando comecei eu a escribir, pois (delaí) e,e,e púxenlle,e,e imaxe dun neno porque eu non me lembraba daquela criatura, pero si o que levaba dentro, si.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 2 de abril de 2018 en Santiago de Compostela, co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.