Luz Fandiñao: Este é do 2010. Hai algúns que eran tan voluminosa a,a,a como é? (...) Que tiveron que facer dous. Este, por exemplo, este, Poemas de (...) do 2005; esta é a segunda parte, eh! Ves? Este é (...) Este é a segunda parte para non facer, entendes, u,u,un libro,o,o que incluso ao abrilo, custaría.
Antonio Reigosa: Xa.
Luz Fandiño: Este foi o poema, o tiduo que máis me gustou para poñer nun libro meu, O pracer de envellecer.
Antonio Reigosa: O segundo libro.
Luz Fandiño: Non.
Antonio Reigosa: O segundo. Ai, non!
Luz Fandiño: No. Ese é,é,é único. Logo, esta é unha antoloxía. É unha antoloxía que preparouma a,a,a a miña segredaria, aparte desa (...) Si, e que incluso, bueno, misturou, e que aquí está Buenos Aires, París e Santiago.
Este é de 2011. Si. Este chámase, Indinación e rebeldía. Esto,o,o ten a súa historia porque eu estiven co,o,os indignado,o,os, indignada,a,as na praza de,e,e (...)
Antonio Reigosa: Obradoiro.
Luz Fandiño: Eh? O Obradoiro. E, a verdade, que tampouco non había,a,a nin vello, nin vella. E eu, alí, chegaba pero que me coidaban moito, e a,a,a a protesta gustábame. Gustábame, e segue a gustarme.
Esto,o,o bueno puxéronlle esta foto, que vas a darte conta por onde andaba,a,an as miñas (...) andainas e,e,en en política. Non?
Esta, tamén, gústame moito porque son as miñas utopías. Eh! E non renuncio a elas.
Antonio Reigosa: Solo faltaba a estas alturas!
Luz Fandiño: E, sinceramente, eu creo na xuventude. Sinceramente, creo firmemente, porque estanlle tendendo,o,o u,u,un unha trampa fatal.
Antonio Reigosa: Xa.
Luz Fandiño: Non hai máis que ver aí (...)
Antonio Reigosa: Comenta os dous detrás teu.
Luz Fandiño: Si. Non hai máis que ver (...) Eu xa (...)
Antonio Reigosa: Nun minuto.
Luz Fandiño: Ah!
Antonio Reigosa: Rápido que se nos acaba a cinta.
Luz Fandiño: Eu, xa só, escoitar: Gallegos por el mundo, Españoles por el mundo! Non foron a ningunha fábrica!
E, estes dous que son os que teño en francés (...) Do que de verdá, non é vaidade, senón orgullo de nai, eh? Para non ter escola en francés, que eu quixira tela, non só para o francés, sinón para o galego, pero,o,o que de verdá, da emigración, ou eu diría éxodo, porque aquelo non foi emigración, aquelo foi un éxodo. Eh!? E que íamos todos igual, empurrados pola fame, polo medo e por tódalas miserias. Entendes? E,e,e esto, bueno, si, por que non decilo, teño orgullo.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 2 de abril de 2018 en Santiago de Compostela, co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.