Centro de Documentación da AELG
Visión rápida de Castelao
Alonso, Fran
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Texto lido na Radio Galega

Castelao foi un creador; un creador dunha gran humanidade. O seu rostro mesmo destila bondade. Eu véxoo, sobre todo, como persoa, a pesar de que o mito acabou por convertelo en personaxe. Creo que, pola súa sensibilidade, Castelao tería sido un magnífico poeta se as consignas da Xeración Nós non se centrasen en dotar Galicia de narradores. Tamén tería sido un magnífico médico rural (a pesar de que non exerceu por amor á humanidade, como el dicía) e nese caso quizais nos deixase cadros literarios aínda máis suxestivos que os de Fernando Namora.
Pero Castelao, xa de neno, foi víctima de emigración, e coa Guerra Civil foi víctima do exilio; así que o destino de Castelao correu parello ó destino do seu pobo. Se cadra por iso, e polo seu carácter xeneroso e entregado, encarnou tan ben, e aínda encarna hoxe, os ideais colectivos. Porque estaba convencido de que a liberdade é a única reserva con que contan os pobos para crearen o seu futuro.

OSZAR »